Praza de Abastos
image8.jpg

Inicio

 

O Proxecto Novo Mercado foi un dos proxectos beneficiados, na convocatoria do 2011, das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, correspondentes ao Eixo "Desenvolvemento Sustentable Local e Urbano" do Marco Estratéxico Nacional de Referencia (2007-2013), cuxo obxectivo é cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural, reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e a mellora dos servizos locais.


O Concello da Estrada, promotor do Proxecto Novo Mercado, pretende a través do mesmo impulsar o desenvolvemento sustentable do municipio mediante a rehabilitación do mercado municipal de abastos e da súa contorna, aproveitando todas as potencialidades deste edificio recuperado, para o desenvolvemento de actividades de promoción económica e conciliación familiar.